Sae ó prelo unha nova obra sobre a figura de Rosalía de Castro

librorosalia copia.jpg CAMBADOS> ‘Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria”, de Francisco Rodríguez, presentouse en Exposalnés nun acto organizado por “Candea”.

 {flowplayer}images/salnes/LIBRO_ROSALIA_CASTRO.flv{/flowplayer}
Afondar na figura da escritora como galega, como muller e como loitadora polos dereitos do seu pobo, é a pretensión do sociolingüista Francisco Rodríguez con ‘Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria’. Preséntase como un volume de 732 páxinas de fácil lectura, que convidará a moitos a reler a obra rosaliana, achegarse ás composicións da autora que non coñecen ou incluso a descubrila para aqueles que non saiban dela. Vintedous anos despois de publicar a primeira tese de douturamento presentada nunha Universidade Galega sobre Rosalía, Rodríguez embarcouse neste ambicioso traballo.
Patriotismo, amor e en terceiro lugar, o desacougo relixioso. Tres facetas desta autora da que Francisco Rodríguez asegura que aínda queda moito por indagar, tanto na súa persoa como na súa obra, e que, a pesares da súa relevancia, aínda non está o suficientemente valorada. A fina crítica transcendeu no marco desta presentación, que incluíu unha breve ponencia a cargo do autor do libro.
Redacción Salnés