Un día de festa dedicado ás letras

LETRAS_ALOBRE100.jpgVILAGARCÍA> O instituto Castro Alobre de Vilagarcía celebrou hoxe a cuarta edición da súa festa Letras no Alobre.

{flowplayer}images/salnes/letras_alobre.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O instituto Castro Alobre de Vilagarcía celebrou hoxe a cuarta edición da súa festa Letras no Alobre. Unha celebración coa que fusionan o día do libro, que será o vindeiro 23 de abril, e o día das Letras Galegas, que será o 17 de maio.

Durante toda a mañá, alumnos e profesores participaron en diversas actividades como un recital poético, unha gimkana literaria, ou un mural literario dedicado ós autores galegos homenaxeados este ano Lois Pereiro, Álvaro Cunqueiro e Gabriel Celalla. O obxectivo desta festa, achegar a cultura a todos.

Unha das principais atraccións foi a feira medieval onde, ademais do troco de libros, se puido mercar doces caseiros e pezas de artesanía. O instituto vestiuse para a ocasión con frescos medievais e acolleu ademais un obradoiro de xogos malabares e outro sobre o Camiño de Santiago.

A alcaldesa, Dolores García, e a concelleira de Educación, Susana Camiño, achegáronse esta mañá ó instituto para visitar as mostras e a feira.

Redacción Salnés