Durán cifra nuns vinte millóns de euros os investimentos nos peiraos ribeirenses nestes últimos anos

RIBEIRA> Non tardou Portos de Galicia en saír ó paso do informe elaborado polo Concello  e as tres confrarías existentes no municipio: Ribeira, Aguiño e Palmeira, sobre as principais carencias nos seus peiraos.

Con datos. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, quixo responder ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, e os patróns maiores, informando dos investimento que o ente autonómico, dependente da Consellería do Mar, ten realizado nestes últimos cinco anos nos peiraos da súa titularidade neste municipio. Segundo el a cantidade ascende a máis de 20 millóns de euros. Entre as actuacións figura a obra de maior envergadura impulsada e financiada polo ente autonómico, como é a nova lonxa, cun investimento de 16 millóns de euros.

En canto os labores de mantemento realizados nos peiraos ribeirenses nos últimos anos, José Juan Durán, referiuse a obras de reparación de pantaláns, barandillas, pavimentacións e ordenamento das instalacións, así como tamén traballos regulares de reparación das liñas de alumeado e canalización de augas na zona portuaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí