A Deputación prevé unha ocupación hoteleira do 70% en Semana Santa

    xuntadeputacion copia100.jpgPONTEVEDRA> O organismo tamén aprobou subvencións para varios concellos, entre elas 77.000 euros para unha área recreativa no Pazo Vista Real.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTA_GOBERNO_DEPUTACION_13042011.flv{/flowplayer}

    Coñecer as Rías Baixas, a gastronomía, a paisaxe e o descanso, son os obxectivos principais que esta Semana Santa atraerán os turistas a Pontevedra. Dende o Observatorio do Turismo da Deputación, calcúlase que a ocupación situarase ó redor do 70%, unha porcentaxe algo por debaixo do 74% do ano pasado, pero que se interpreta como todo un éxito.

    Mulleres e homes de mediana idade, que viaxan en familia e que se aloxan en hotel cunha estancia de entre 3 e 4 días, é o perfil dos visitantes que se agardan. Os españois serán os que máis escollan as Rías Baixas como destino turístico, seguidos polos portugueses.

    Noutra orde de temas, a Xunta de Goberno da Deputación informou favorablemente o proxecto de incidencia supramunicipal do novo hospital de Pontevedra en tres estradas provinciais: a que discorre por Marcón- Lusquiños, Marcón-Tomeza Figueirido e Marcón-Pintos-A Reigosa.

    Na xuntanza, o organismo provincial tamén aprobou subvencións para varios concellos. Barro recibirá 118.800 euros para o acondicionamento do edificio multiusos e Meaño, 150 mil euros para a casa da cultura. 235 mil euros será a cantidade destinada a Sanxenxo para a dotación de instalacións deportivas no campo municipal de Baltar mentres que Vilanova, recibirán 77 mil euros para a realización da área recreativa do Pazo de Vista Real.

    Redacción Salnés