Un bufete israelí denuncia ó concello de Rianxo polo seu apoio a Palestina

RIANXO> A corporación rianxeira aprobaba en maio unha iniciativa plenaria na que se pedía, entre outros aspectos, o boicot ós productos israelís. Con gran sorpresa. Así recibiron no Concello a notificación dun fubete de abogados de Israel que denunciou á Administración Local por unha moción aprobada en pleno na que se defendía ó pobo palestino e se solicitaba o boicot ós produtos israelís. O executivo, que xa remitiu ó Xulgado a documentación solicitada, ten intención de seguir adiante no proceso, ó considerar que a iniciativa ten un carácter solidario. Unha vez que transcendeu a nova da denuncia, no Concello están a recibir tamén o apoio de numerosos colectivos e entidades que respaldan a súa postura, así como tamén dos propios veciños da vila. A moción en defensa da causa palestina na que se declaraba a Rianxo ‘Espazo Libre de Apartheid israelí’, debateuse no pleno do pasado mes de maio, e foi presentada por Rianxo en Común. A iniciativa saíu adiante por unanimidade, cos votos favorables de todos os grupos con representación na corporación.