Rosca e viño doce á saúde da Virxe da Encarnación

encarnacion100.jpgVILANOVA> O concello de Vilanova celebrou hoxe a súa festa da Virxe da Encarnación con rosca e viño doce.

{flowplayer}images/salnes/encarnacion.flv{/flowplayer}

VILANOVA> O concello de Vilanova celebrou hoxe a súa festa da Virxe da Encarnación. A xornada comezou xa pola mañá con salva de bombas e alborada a cargo da banda de música e dos grupos de gaitas Os Cruceiros de Tremoedo e Ansuíña de Vilanova, Ajiunchos de Arousa e Garandoiro de Bamio.

Trala misa da unha do mediodía celebrouse a sesión vermú no entorno da capela da Encarnación, onde se degustou o tradicional roscón de Pascua con viño doce, que serviu a organización de xeito gratuíto a tódolos asistentes nunha carpa instalada para a ocasión.

A festa continuou pola tarde coa procesión da virxe, repetíndose a degustación de rosca. A xornada remata esta noite con verbena a cargo das orquestras Ritmo Xoven e Solara.

Redacción Salnés