Emgrobes e De Tendas celebran Grovestock 2011

    grovestock2011 copia.jpgO GROVE> EMGROBES e o CCA ‘De Tendas’ celebran esta fin de semana a Feira de Oportunidades GROVESTOCK 2011.

    {flowplayer}images/salnes/grovestock2011.flv{/flowplayer}

    O GROVE> A Asociación de Empresarios Grovense de Bens e Servicios, EMGROBES, en colaboración co Centro Comercial Aberto ‘De Tendas’ celebra esta fin de semana a Feira de Oportunidades GROVESTOCK 2011.

    Con esta iniciativa, os comerciantes locais poden saldar a seus excedentes e stocks. Ademais, búscase complementar as actividades de ocio do concello e pretende ser un atractivo máis para os visitantes do Grove.

    En Grovestock os visitantes poderán atopar nos máis de 500 metros cadrados dispostos para este fin, os mellores produtos de moda, roupa de muller, home, neno, calzado, complementos, agasallos, deportes, marroquinería,todo isto os mellores prezos. A feira está aberta ata as dez desta noite.

    Redacción Salnés