Orts-Trullenque gañador do premio de arquitectura de ENCE

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/ence600_081013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/EntregaPremiosEnce_081013.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O Edificio Sarmiento acolleu esta mañá a entrega de premios do concurso de integración paisaxística de ENCE. No acto estiveron presentes o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o seu homólogo na pasteira. Juan Luís Arregui aproveitou para mandarlle unha mensaxe á Xunta de Galicia e deixar claro que a empresa quere quedar en Pontevedra.

Arregui aproveitou a ocasión para facer defensa da actividade da empresa. Asegurou que Ence leva anos esforzándose por cumprir as normativas. Á advertencia da Xunta de que deberá estar fóra da ría despois de 2018, respondeu claramente: queren quedar en Pontevedra, queren facelo co benaplácito da cidadanía e queren seguir traballando de xeito respetouso co medioambiente. Rafael Louzán, pola súa parte, recalcou a importancia desta empresa en Pontevedra. Dixo que sen ela, o xa escaso tecido empresarial da comarca veríase moi resentido. Todas estas declaracións fixéronse no marco da entrega de premios do concurso de integración paisaxística de ENCE. O proxecto gañador correspondeu o estudio de arquitectos Orts-Trullenque. Baixo o título Materia alzouse co primeiro premio por diante de “O Barco da Bela Helenes”, de Ignacio Ruíz Rodríguez, que quedou en segundo posto. Ademais, entregáronse catro accésits.