Miles de persoas dánse cita na Romaría das Cabezas

    mosteiro_armenteiracopy.jpgARMENTEIRA> Moitos optaron por peregrinar, como é tradición, ata ó Mosteiro da Armenteira desde os diferentes concellos da comarca.

    {flowplayer}images/salnes/ROMARIA_CABEZAS.flv{/flowplayer}

    Hoxe, último día das vacacións de Semana Santa para moitos, no Salnés, a cita indiscutible estivo en Armenteira, no concello de Meis.

    Como cada ano, miles de fieis peregrinaron ata o Mosteiro da Armenteira para participar na Romaría das Cabezas. Unha celebración que xa é toda unha tradición onde se mestura festa e devoción.

    A xornada comezou ven cedo con centos de veciños camiñando polas diferentes rutas que chegan ata Armenteira. Os máis mozos adiantábanse xa que moitos acamparon ó carón do Mosteiro. O Presidente da Deputación de Pontevedra e varios alcaldes da comarca escollían a ruta da Pedra e da Auga para chegar á romaría. Unha vez arriba, todos confesaban que o esforzo valera a pena.

    Algúns por diversión, pero moitos no luns de Pascua desprazáronse ata Armenteira por devoción pola virxe das cabezas e para participar nos actos litúrxicos. Por unhas motivacións ou outras, para todos xa é unha tradición.

    Postos de venta coas figuras de cera e as tradicionais rosquillas e as pulpeiras completaron a oferta desta romaría que se prolongou durante todo o día.

    Redacción Salnés