72 sensores ofrecerán información en tempo real dos viñedos do Salnés

    vinasatlanticascomision copia100.jpgSALNÉS> Para o tráfico de datos entre os sensores e a central, empregarase a tecnoloxía wimax, da rede Repoboar da Deputación de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_VINAS_ATLANTICAS.flv{/flowplayer}

    Unha tecnoloxía innovadora en España, permitirá a través de 72 sensores obter datos en tempo real da actividade foliar, humidade relativa e temperatura dun total de 18 áreas da subzona do Salnés, que representan o 80% da produción. Unha información que será accesible para todos os viticultores.

    Os datos recollidos por estes puntos de medición estarán dispoñibles na web da Deputación e na das propias cooperativas. Un tráfico de información para o que se botará man da tecnoloxía wimax, implantada polo organismo provincial grazas á rede Repoblar, proxecto pensado para levar internet ás zonas de difícil cobertura polos medios máis comúns.

    Alemaña e Suíza son os modelos a seguir para o desenvolvemento deste proxecto que conta cun orzamento de máis dun millón de euros aportado por Deputación, Cooperativas e Unión Europea. Pero do que se agardan grandes resultados.

    Segundo os responsables, a comezos da vindeira campaña xa poderían proporcionar información sobre o estado dos patóxenos grazas a este proxecto que, aínda que nacido no Salnés, non se descarta estender a todas as subzonas da DO Rías Baixas.

    Redacción Salnés