A Fundación Aldaba peregrina pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa pola integración

    O GROVE> O Grove despediu hoxe a 90 novos peregrinos náuticos. Membros da Fundación madrileña Aldaba saíron esta mañá dende o peirao da vila para facer a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, unha viaxe que os levará ata Padrón, e que a fundación quere converter nunha mensaxe de integración e de esperanza de cara ao futuro.

     

    O peirao do Grove viu partir esta mañá a 90 membros da Fundación Aldaba que chegarán a Padrón convertidos en peregrinos náuticos. O grupo iniciou así unha viaxe que os levará a seguir os pasos dos restos do Apóstolo Santiago.

    Para probar que completaron a coñecida como Traslatio Xacobea, no concello recolleron a súa cartilla, que terán que ir selando no seu camiño ata Padrón.

    Pero máis aló da viaxe, a intención da Fundación Aldaba é demostrar un dos principios da súa filosofía: a integración é posible.

    Dende o concello quixeron despedir esta comitiva especial. Ademais de varios agasallos para que non esquezan O Grove, o alcalde deixou un consello ao grupo.

    O alcalde e a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla tamén entregaron á presidenta de Aldaba unha réplica dunha moeda vencellada coa Traslatio, que se localizou na necrópole meca de Adro Vello.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/fundacion_aldaba.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/fundacion_aldaba.mp4{/flowplayer}