Concienciar no respecto ó medio e na importancia da seguridade no mar

    salvamento_maritimocopy.jpgGROVE> Estes foron os eixes nos que se basearon as charlas que esta mañá recibiron 224 escolares de 6 centros educativos.

    {flowplayer}images/salnes/CHARLAS_SALVAMENTO_GROVE.flv{/flowplayer} .

    Máis de douscentos escolares de 6 centros educativos de O Grove, de entre nove e dez anos, participaron esta mañá nestas charlas formativas sobre seguridade marítima impartidas por Salvamento Marítimo e a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia.

    Concienciar ós máis cativos da importancia da seguridade no mar e o respecto ó medioambiente foron os puntos nos que se centraron as charlas.

    Nestas charlas, impartidas no marco do Plan Nacional de Salvamento Marítimo, conseguen chegar ós máis cativos a través de material didáctico e proxeccións audiovisuais.

    Estas iniciativas enmárcanse dentro da Semana do Mar organizada polo concello. Dentro deste programa inclúese unha xornada de portas abertas dos medios de Salvamento o vindeiro xoves e un exercicio de adestramento o sábado.

    Redacción Salnés