A UIMP e Cambados dedican un curso ó escultor Asorey

    cursoasorey copia100.jpgCAMBADOS> As xornadas sobre o escultor están incluídas no programa de actividades conmemorativas do 50 aniversario do seu pasamento.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_UIMP_ASOREY.flv{/flowplayer}

    Baixo o nome Asorey e a creación artística do século XX, Cambados e o seu Museo do Viño estrean colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, dedicando tres xornadas deste mes a un dos seus fillos máis ilustres. O curso celebrarase do 25 ó 27 de maio, cun programa dividido en varios bloques que ofrecerá os alumnos diferentes visións do escultor.

    Ademais das conferencias, dirixidas por prestixiosos profesores, artistas e persoas vencelladas a Asorey, o programa completarase cunha mesa redonda, un documental e unha visita guiada polos lugares de Cambados máis relacionados co artista, un dos máis determinantes do século XX.

    As xornadas dispoñen de 50 prazas, e a Deputación de Pontevedra abriu unha liña de bolsas para axudar a costear a matrícula do curso. Os interesados poderán inscribirse dende hoxe e ata o vindeiro día 15 deste mes, a través da web da UIMP ou chamando ó concello de Cambados ou o Museo do Viño.

    Redacción Salnés