![]()
MEAÑO > Os máximos dirixentes do PPdeG clausurarán o Congreso Local, ó que de momento, só vai de candidato Jorge Domínguez, …
{flowplayer}images/salnes/pp_meano.flv{/flowplayer}
MEAÑO > Os máximos dirixentes do PPdeG clausurarán mañá o Congreso Local de Meaño, ó que de momento, só concorre como candidato Jorge Domínguez, actual alcalde e presidente da xestora local. O partido considera este concello como un bastión, tendo en conta que aquí é onde mellores resultados colleita nas últimas citas electorais.
O congreso remata con 4 anos de dirección baixo unha xestora, aínda que á fronte do partido todo apunta que seguirá Jorge Domínguez. O alcalde popular considera que neste tempo as cousas funcionaron aceptablemente ben e non dubida do apoio que lle darán mañá os 260 afiliados do PP de Meaño. De feito xa avanzou algo do discurso que dará tralas votacións. Falará da crise e criticará a actuación da Xunta en materia urbanística. O congreso do PP de Meaño celebrarase mañá a partir das oito e media da tarde na Casa da Cultura de Dena.
Redacción Salnés








