Vintec, o primeiro salón vitivinícola de Galicia, exhibe en Vilagarcía as innovacións do sector

VILAGARCIA> Este mércores abriu en Vilagarcía Vintec, o primeiro salón de maquinaria e equipamento para o sector vitivinícola de Galicia. A feira abarca todos os servizos precisos para a produción, recolección, elaboración e distribución do viño. No recinto de Fexdega danse cita ata este venres máis de 150 expositores coas principais novidades para o sector, poñendo o foco na innovación e na sostibilidade.

O recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía, acolle dende este mércores Vintec, o primeiro salón de subministración, maquinaria e equipamento vitivinícola que se celebra en Galicia. Aquí danse cita os tres piares fundamentais da cadea, poñendo no centro as últimas innovacións do sector. En total, 150 expositores nacionais e internacionais repartidos en 7.000 metros cadrados

Vintec logra o obxectivo de reunir nun mesmo espazo a proveedores, fabricantes, adegas, distribuidores e centros de investigación. Un punto de encontro para coñecer as principais innovacións do mundo do viño, pero tamén para crear sinerxías e abrir novas vías de colaboración entre as distintas patas do sector.

O sector vitivinícola representa en Galicia o 1,4% do PIB e ten un peso fundamental na economía do Salnés. No acto de inauguración, o concelleiro de promoción económica de Vilagarcía aproveitaba para reivindicar o peso da cidade no sector do viño.

Destacando tamén que Vintec está organizado por vilagarciáns.

A feira estará aberta en horario de mañá e tarde ata este venres.