CAMBADOS> Cambados reforza o cadro de persoal da Policía Local. Este luns incorporáronse ao corpo dous novos axentes. Os dous estiveron este verán facendo as súas prácticas na vila do Albariño. Coa súa chegada o corpo dispón nestes momentos de 14 axentes. Ademais, o obxectivo do concello é cubrir en breve unha nova praza que quedará vacante tras a xubilación doutro policía. Nestes momentos, o corpo conta con 14 axentes.
A Policía Local de Cambados aumenta o seu cadro de persoal. Este luns tomaron posesión da súa acta dous novos axentes, que xa durante este pasado verán desenvolveron as súas prácticas na vila.
Coa súa incorporación, o corpo pasa a contar con 14 axentes. O alcalde celebra a chegada dos novos axentes, a prol de reforzar a seguridade no municipio.
A previsión é cubrir en breve unha nova vacante.
Ademais, tamén está pendente a convocatoria para a praza do inspector xefe, logo do seu traslado, que agora está a ocupar de forma provisional un dos oficiais.











