Sanxenxo a la Mode achega as tendencias para a nova tempada

    SANXENXO> Os amantes da moda teñen unha cita ineludible este sábado á noite en Sanxenxo ca terceira edición de Sanxenxo a La Mode. Aquí poderemos ver sobre a pasarela as últimas tendencias para a vindeira tempada de outono e inverno, tanto en roupa como en complementos e mesmo en decoración.

    A coñecida como Rúa da Moda de Sanxenxo, a rúa Luís Vidal Rocha, volverá a acoller este sábado un desfile cas últimas propostas para a nova tempada en prêt-a-porter. Os actos da terceira edición de Sanxenxo a la Mode xiran en torno á celebración do desfile a partires das dez da noite con propostas total look para tódolos públicos. Antes do desfile, xa desde media mañá, abrirán os showrooms con talleres de moda e petiscos para os visitantes. A partires das oito da tarde serán as bloggers as que nos orienten sobre como vestir a vindeira tempada. Amais, haberá espazo tamén para os novos talentos ca presentación dos últimos traballos de deseñadoras emerxentes das Rías Baixas. Por se fora pouco, Sanxenxo a La Mode contará ca actuación en directo do grupo Naked Covers e degustación de xamón, viño albariño e sobre todo tendencias, as propostas imprescindibles para lucir nos vindeiros meses.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/alamode.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/sanxenxo_a_la_mode.mp4{/flowplayer}