Vilagarcía prepara un dispositivo especial para protexer ós sen teito

    VILAGARCIA> A Concellería de Traballo e Benestar de Vilagarcía ven de asinar un protocolo de colaboración cas delegacións locais da Cruz Vermella…

    {flowplayer}images/salnes/acollida_cruz_vermella.flv{/flowplayer}

    … e de Cáritas para asistir ás persoas máis desfavorecidas nestes días de intenso frío. Calquera cidadán sen recursos que precise axuda poderá dispoñer de algo quente que levarse á boca e dun teito no que durmir.

    En virtude deste acordo, a Cruz Vermella ampliará o seu horario de acollida: de oito e media da tarde a nove e media da mañá e albergará a todo canto o precise. Non dispoñen das camas suficientes pero teñen previsto medidas alternativas, que xunto cas comidas que vai a repartir a asociación lindeira, Cáritas, intentarán que este frío intenso non agudice a mala fortuna desta xente.

    Desde a Cruz Vermella tamén valoran deixar estar ós sen teito durante o día nunha sala quente e con televisión, se é que o frío chega a ser demasiado cru. Amais, para aqueles que precisen pernoctar máis de tres días, procuraranlle outra praza nos albergues máis próximos.

    Redacción Salnés