![]()
TEO> As catas desenvolvéronse nunha finca de monte propiedade de Ramiro Villaverde próxima á súa vivenda en Nespereira.
{flowplayer}barbanza/xeorradarluou.flv{/flowplayer}
Esta toxeira, denominada ‘A cova da raposa’, propiedade de Ramiro Villaverde, localizada a poucos metros da súa vivenda de Nespereira, foi o lugar escollido para iniciar a busca co xeorradar. Este era un dos lugares nos que a familia Arcos desconfiaba de que Ramiro Villaverde puidera ter agochado o corpo de María José. Ademais dos técnicos da empresa Insitu, nos traballos de rastrexo están a participar tamén investigadores da Garda Civil e o responsable da Unidade de Antropoloxía Forense de Galicia, Fernando Serrulla. Segundo este último, o paso do tempo ou o posible uso de cal non impedirían detectar restos óseos.
Ata a zona tamén se desprazaron os avogados da defensa e da acusación, Iván Núñez e Evaristo Nogueira, respectivamente. O primeiro non quixo facer declaracións ás cámaras, agardando a que o xulgado de Ribeira resolva o recurso no que solicitaba a excarceración para o seu cliente. Mentres que o segundo asegurou de que existen probas máis que suficientes para xulgar a Ramiro Villaverde.
Próximas catas
As catas co xeorradar continuarán nos próximos días noutras propiedades do imputado, Así mañá está previsto desenvolvelas na finca onde está ubicada a súa vivenda en Nespereira e posteriormente trasladaranse a un antigo cemiterio, agora clausurado, do que o propio Ramiro Villaverde era socio, e no que por aquela época da desaparición de María José se estaban realizando importantes movementos de terras.
Redacción Barbanza










