Noia inviste 300 mil euros na pavimentación de varios treitos da súa rede viaria

NOIA> O concello de Noia traballa na mellora da pavimentación en numerosos treitos da súa rede viaria. Nestes días, estase a acometer o asfaltado no Malecón de Gasset e no Peiro do Marqués.

As melloras no Malecón de Gasset, o peirao do Marqués e a confluencia coa costa do Ferrador e na saída de ponte de Noia cara Bergondo están practicamente rematadas, tan só pendentes de pintado e sinalización.

O  concello de Noia daralle continuidade a este plan de mellora da rede viaria con actuacións similares no Pereiro de Arriba, no Obre, na contorna do cemiterio de Santa Cristina, na zona da Barquiña ou na avenida da Coruña.

O importe total destas obras, que incrementarán notablemente a seguridade viaria, ascende a 300 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí