VILAGARCÍA> Nesta edición terán especial protagonismo as bandas galegas. Das 18 que participarán, 5 son autóctonas.
{flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTIVAL_NORTE.flv{/flowplayer}
Os días seis e sete, a explanada do recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía, converterase na capital do pop-rock. O Festival do Norte, unha das citas musicais de referencia do momento a nivel internacional celebrará esta fin de semana a súa décima edición.
Un total de 18 bandas coparán os tres escenarios que a organización terá preparados nos que as bandas galegas terán un especial protagonismo.
O venres ás cinco e cuarto da tarde darán o pistoletazo de saída. O edil de cultura quixo destacar que se trata dunha proposta cultural que cumpre unha función dinamizadora do turismo e do comercio local.
Con motivo da súa décima edición, anos polos que xa pasaron máis de duascentas bandas polos seus escenarios, este ano teñen deseñado unha programación paralela.
O festival conta coa colaboración do concello de Vilagarcía, Novacaixagalicia e Estrella Galicia. Poden atopar máis información na páxina web: www.festivaldonorte.com.
Redacción Salnés