BOIRO> A okupación das antigas escolas unitarias en varios núcleos de Boiro desatou a preocupación veciñal. Un dos casos máis conflitivos estase a dar na Poza, no lugar de San Mauro, onde a policía local e a Garda Civil xa se viron obrigadas a intervir.
A preocupación veciñal no lugar de San Mauro foi en aumento dende a okupación da antiga escola unitaria da Poza. Denuncian que se trata de inquilinos conflitivos que xa requiriron a intervención das forzas de seguridade.
Tamén dende o concello seguen a traballar na busca dun aloxamento alternativo para a familia que, dende hai máis dun ano, reside na unitaria de Cespón. Se ben neste caso non houbo altercados cos veciños que xa amosaron o seu aoio á familia, dende o concello insisten en que o inmoble non reúne as condicións de habitabilidade.
Dende o departamento de Servizos Sociais seguen a traballar para ofrecerlle unha alternativa digna para vivir.