Os pobreses disporán dun novo campo de fútbol en Cadreche

    campofutbolcadreche100.jpgPOBRA> Dentro de quince días entrará en funcionamento o novo campo de fútbol de Cadreche.

    {flowplayer}barbanza/campofutbolcadreche.flv{/flowplayer}

    Medio ano despois do inicio das obras, o campo de fútbol de herba artificial de Cadreche entrará en servizo nun tempo récord. Farao dentro de dúas semanas cando rematen as obras acometidas pola UTE Cadreche.

    Os traballos supuxeron un investimento de preto de oitocentos mil euros financiados grazas a senllas subvencións da Xunta e da Deputación, de 340 mil euros cada unha, así como unha achega municipal próxima ós cen mil euros.

    Instalacións

    Ademais do terreo de xogo de herba artificial de 95 por sesenta metros, o recinto contará cun peche de malla metálica, aparcadoiro e unha zona de vestiarios e almacéns.

    Dende o executivo amosaron a súa satisfacción polo feito de que os clubs do municipio poidan dispoñer proximamente dunhas instalacións axeitadas nas que practicar deporte.

    Redacción Barbanza