Porto do Son prepárase para a Feira Celta

    PORTODOSON> Este ano alcanzaranse os 100 postos no mercado. As festas abarcarán do 25 ó 27 de xullo. <hr id=”system-readmore” />

    Xa está todo preparado para a dar comezo á Feira Celta de Porto do Son. Desde o concello ultiman a ambientación para que mañá, venres, a vila se retrotraia varios séculos atrás. Este é o quinto ano que se organiza a festa, coa actual empresa organizadora, pero a gran acollida da xente consolidouna entre as máis esperadas da comarca. Nesta nova edición amplíase notablemente a participación, haberá moitos máis postos de artesanía, comidas e xogos polo que tamén será necesario ampliar notablemente o espazo para a celebración celta. Ademais de moita oferta comercial, desde o concello anunciaron a aposta por potenciar a animación rueira para que non decaia o ambiente en ningún momento. Nesta liña preséntase unha apertadísima oferta de espectáculos, con shows cada media hora ata as 12 da noite. Este ano instalouse unha nova porta decorativa que ambienta a Feira Celta.Xa luce na rúa de Xesús.