RIANXO> Conscientes da importancia, coma ecosistema único no mundo, ademais de sustento directo e indirecto para miles de familias, o BNG levará ó Parlamento Galego o actual deterioro e a merma produtiva que afecta á ría de Arousa.
Os nacionalistas recollen así o malestar do sector por esta situación. Botando man dos propios datos da Plataforma Tecnolóxica da Pesca, da consellería de Mar, poñen o foco das súas queixas no descenso produtivo nos últimos anos.
Por esta razón, dende o BNG insisten na necesidade de que o Goberno Galego, acometa un plan de xeito urxente, en consenso co sector, que poña fin, dunha vez, a esta situación de declive.
Ó BNG preocúpalle tamén que esa merma da produtividade marisqueira está a provocar que outros países como é o caso de Portugal están a desbancar a Galicia coma principal proveedor de bivalvos nos mercados, algo que ata o de agora non se producía.