A época medieval regresa a Vilagarcía por uns días

    fotomercadocopia.jpg VILAGARCÍA> Este ano celébrase a III Edición deste Mercado da época medieval, que coincide coa celebración das festas de Santa Rita.

    {flowplayer}images/salnes/MercadoMedieval.flv{/flowplayer} 

    A deste ano é a terceira edición da Feira Medieval. A encargada de organizala é a empresa Fusión Medieval, que traballa en colaboración co concello de Vilagarcía.

    Dende o seu comezo, este mercado de época foi crecendo cada ano un pouco máis, polo que nesta edición se agarda bater o record de asistencia.

    O chamado desfile do dragón, foi un dos reclamos principais deste evento. Trátase dun dragón articulado, movido por tres persoas e acompañado por un gran espectáculo de música e baile do que puideron gozar tódolos veciños.

    Redacción Salnés