Exposalnés acolle unha charla sobre violencia de xénero

    CAMBADOS> Cambados acollerá mañá a tarde unha charla sobre Violencia de xénero, co gallo do décimo aniversario da entrada en vigor da lei que regulamenta os delictos vencellados a esta lacra social.

    A violencia de xénero será obxecto de debate unha vez máis pero desde unha perspectiva multidireccional. A charla será mañá venres ás sete da tarde en ExpoSalnés en Cambados. A ponencia correrá a cargo de tres mulleres: a educadora infantil María del Carmen Prado Esteban; a médico Beatriz Piñeiro e a avogada Beatriz Rodríguez. A entrada a este acto é de balde e non é preciso anotarse previamente. Esta iniciativa está organizada pola firma de avogados Miguélez e Asociados e conta ca colaboración do Concello de Cambados e de AVILEGEN, a Asociación de Víctimas da Lei de Violencia de Xénero.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/economato.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/charla_violencia_xenero.mp4{/flowplayer}