Ultímanse os preparativos para a cea de noitevella

    noitevella_a.jpgSANXENXO> A centola, o camarón, a nécora e a cigala están a ser os mariscos preferidos dos veciños das rías baixas para esta noite vella,…

    {flowplayer}images/salnes/preparativos noite vella.flv{/flowplayer}

    …fronte a outras especies que van perderon tirón como poden ser os lagostinos, os gambóns ou as zamburiñas. O certo é que o recrudecemento da crise fixo que os prezos non se disparasen a apenas 24 horas da celebración, incluso nos peixes e mariscos da ría.

    E para acompañar estes peixes e mariscos de calidade, preferentemente da rías galegas, aínda que estes son os máis caros; cómpre buscar tamén algunha carne que culmine o menú, antes da sobremesa.O capón e o cordeiro son os preferidos nestas comarcas; aínda que este ano, ó ser tres días festivos seguidos, son moitos os que tamén se apuntan ó cocido para abrir o ano novo.

    Para facilitar estas compras de última hora, prazas como as de Sanxenxo e Portonovo, volven a abrir nestas datas polas tardes, aínda que o groso das vendas se segue a rexistrar polas mañás.

    Redacción Salnés