Quintana resístese a dar por perdida a campaña marisqueira en Arousa

    VILAGARCÍA>

    A conselleira do Mar asistiu esta mañá en Vilagarcía á presentación do novo pleno do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. Nesta primeira toma de contacto avaliáronse os resultados obtidos nos últimos catro anos, datos que apuntan a un incremento progresivo dos quilos de mitilo certificado desde o 2010. Rosa Quintana compromoteuse tamén a que, unha vez aprobado o novo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro, a Xunta buscará axudas para impulsar a innovación no sector mexilloeiro galego.

     

     

    Medio ano despois da constitución da nova xunta directiva do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, a conselleira do Medio Rural mantivo esta mañá a primeira xuntanza co pleno. Un encontro que serviu para facer balance do logrado na anterior lexislatura e marcar obxectivos para os vindeiros anos.

     

    Os novos retos, os máis inmediatos, segundo explicou a conselleira, pasan por aumentar a produción de mexillón, elaborar un novo regulamento para dar maior estabilidade ó ente e seguir apostando pola innovación e o desenvolvemento.

     

    Quintana acordou co pleno que en canto sexa aprobado o programa operativo, comezar a manter reunións de traballo co sector para ir pechando as novas ordes de convocatorias dea xudas a proxectos competitivos. Para o presidente do Consello, Francisco Alcalde, o máis urxente é impulsar de xeito definitivo a Denominación de Orixe Protexida e apostar por esa I+D+I.

     

    En canto á reunión que teñen solicitada os patróns maiores de Arousa para analizar a situación da ría, Rosa Quintana confirmou que a cita xa ten data, e se non se convocou antes é porque non se dispoñía dos resultados dos estudos realizados. A conselleira tampouco quere dar a próxima campaña por perdida, como auguraba nos dirixentes dos pósitos arousáns. As perspectivas noutras zonas de Galicia son boas.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/16/consellomexillonplenoo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/16/CONSELLEIRA_PLENO_MEXILLON.mp4{/flowplayer}