Percorrido fotográfico pola noite cambadesa

boasnoitescambados copia.jpg CAMBADOS> Teófilo Comunicacións vén de presentar o décimo volume da colección fotográfica ‘Boas Noites’, dedicado nesta ocasión á capital do albariño.

{flowplayer}images/salnes/BOAS_NOITES_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

Cambados é mar, é viño e é historia. Tres facetas, que segundo o alcalde Luis Aragunde, se plasman á perfección neste libro. ‘Boas Noites Cambados’ constitúe un percorrido polas rúas do municipio baixo a luz da lúa ou ó romper o amencer. Preto dun cento de instantáneas que nos descobren recunchos que ata agora pasaran para moitos desapercibidos, e que o fotógrafo Ramón Vaamonde soubo recoller coa súa cámara.

Desde que hai preto de ano e medio Teófilo Comunicacións se embarcou neste proxecto, parte dos beneficios das vendas dos libros estaos destinando ó Proxecto Home, e ‘Boas Noites Cambados’ non será unha excepción. A institución leva preto de 21 anos axudando á rehabilitación de drogodependentes e persoas que sofren ludopatía. A eles quixo dedicar expresamente a obra o seu editor, José Luis Teófilo.

O acto de presentación da obra contou coa presenza de autoridades coma o presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa, José Luis Vilanova, ou o da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Puertas; ademais de incluír a actuación da intérprete Rosa Leiro e o pianista Santiago Cambas.

Redacción Salnés