Unha treintena de embarcacións participarán na Rodríguez Toubes

VILAGARCÍA> O Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval de Marín colaboran un ano máis para a organización da Regata Almirante Rodríguez Toubes. O evento celebrarase esta fin de semana e foi presentado esta mañá en Vilagarcía.

{flowplayer}images/salnes/Vela_260511.flv{/flowplayer} 

O Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval Militar de Marín organizan esta fin de semana a XV Regata Almirante Rodríguez Toubes para cruceiros. A proba é puntuable para a Copa Galicia da presente temporada e agárdase a presencia dunha treintena de barcos.

Como é costume, a flota partirá o sábado ás 11:30 da mañá de Marín nunha regata costeira ata Vilagarcía e fará o camiño de volta ó día seguinte á mesma hora. A entrega de trofeos terá lugar na propia Escola Naval. Na proba concurrirán tres clases: cruceiro, regata e cruceiro-regata.

A Almirante Reodríguez Toubes conta este ano co patrocinio de Extrugasa e a colaboración de Marina Vilgarcía e da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, hoxe representada polo seu presidente Javier Puertas.

Redacción Salnés