A Audiencia Nacional concede tres días de permiso ó capo Sito Miñanco

    fernandoalonso copia100.jpgSALNÉS> A decisión contou coa oposición da Fiscalía Antidroga, do xuíz central de Vixilancia Penitenciaria e do educador da prisión, por ver risco de fuga.

    {flowplayer}images/salnes/PERMISO_PENITENCIARIO_SITO_MINANCO.flv{/flowplayer}

    Con este ánimo recibiuse na Fundación Galega Contra o Narcotráfico a noticia da decisión da Audiencia Nacional de conceder un permiso penitenciario ó narcotraficante Sito Miñanco. Unha decisión que no ven lóxica.

    O risco de fuga, a falta de 7 anos para a extinción da condena e a gravidade das penas impostas ó capo cambadés, condenado a 16 anos e 10 meses e 20 anos e tres meses por dous delitos de tráfico de drogas, son as bases sobre as que a Fiscalía Antidroga, o xuíz central de Vixilancia Penitenciaria e o educador da prisión apoiaron a súa oposición a este permiso. Un permiso que a Audiencia Nacional decidiu conceder para preparar a Sito Miñanco para a vida en liberdade, baseándose en informes do seu bo comportamento no cárcere.

    Dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico, esta decisión vese como un perigoso precedente para outros narcotraficantes que cumpren condena. Pola súa banda, segundo fontes xudiciais, Sito Miñanco, que actualmente se atopa na prisión de Alxeciras, podería desfrutar do seu permiso de tres días esta mesma fin de semana.

    Redacción Salnés