“San Valentín si, pero menos. Desmontando os mitos do amor romántico”

VILAGARCÍA> O Día de san Valentín estase a converter non só nun día creado con intereses comerciais para conmemorar o amor, senón que ademais está a ser o epicentro dunha reivindicación para milleiros de mozos e mozas, entre os que destacan os alumnos de Igualdade do instituto Castro Alobre de Vilagarcía, que fixeron un traballo no que desmontan “o amor romántico”.
Este é o traballo dos alumnos de Igualdade que preside a entrada do IES Castro Alobre en Vilagarcía. A mostra baixo o título “San Valentín si, pero menos. Desmontando os mitos do amor romántico” pretende desmitificar o concepto de amor romántico.
Detrás de esta mostra atópanse tanto alumnos de primeiro da ESO como de primeiro de Bacharelato. Os alumnos destacan que “San Valentín” non é unha festividade que contemple a diversidade tanto en materia de parellas como de amor.
Para estes vilagarciáns, os do futuro, a concepción do amor que se promove está cheo de ideas que fan que as relacións poidan rematar sendo malas. A comunidade educativa