O PSOE chama á volta ó traballo para superar os resultados das municipais

    psoeprovincial copia100.jpg PONTEVEDRA> Pola súa banda, o candidato socialista de Barro amosouse satisfeito cos resultados tras gañar un concelleiro máis.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACIONS_PSOE_PROVINCIAL_BARRO.flv{/flowplayer}
    A punto de cumprirse unha semana das eleccións municipais do pasado domingo, os partidos continúan facendo balances dos resultados. Esta mesma mañá foi o Partido Socialista Provincial o que fixo públicas as súas valoracións, despois dunha xuntanza da Executiva Provincial da formación.
    Pose, que anunciou a celebración dun Comité Provincial o vindeiro venres, chamou á calma ós membros do partido para afrontar a recuperación e a volta ó traballo.
    Esta decepción cos resultados contrasta coa valoración que onte realizou o que foi candidato socialista á alcaldía de Barro, José Sanmartín. Neste concello, a pesares de resultar gañador o Partido Popular, os socialistas melloraron os resultados dos anteriores comicios, acadando dous edís.
    Sanmartín asegurou que a cooperación será a tónica do seu papel na oposición, aínda que vixiarán de preto o labor do goberno local.
    Redacción Salnés