O PP perde a maioría absoluta en Boiro

BARBANZA> Boiro perde a maioría absoluta do PP e en Ribeira irrompe con forza o Partido Barbanza Independente, escisión das filas do PP.  Nós Pobra, pola súa banda, obtén cinco concelleiros ao igual que os populares. O BNG de Rianxo obtén seis, lonxe da maioría absoluta. Os pactos políticos serán quen definan o mapa político na Barbanza.

O rexedor popular Manuel Ruiz consegue reter os 9 concelleiros que xa tiña na pasada lexislatura e segue a ser a lista máis votada en Ribeira. Todo apunta a un novo goberno en minoría encabezado polo PP, que reverteu os resultados que auguraban as enquisas. O Partido Barbanza Independiente, escisión do PP encabezada por Vicente Mariño, foi segunda forza con 7 concelleiros. Iniciativa Progresista de Ribeira, Ciudadanos e CxG non conseguen representación.

En Boiro, o partido mellor parado foi o PSOE que consegue incrementar 3 concelleiros situándose en 5. A lista de Juan José Dieste perde a maioría absoluta e non lle valería un acordo con Ciudadanos. A suma de esquerdas podería facerse co mando do goberno local.

Na Pobra do Caramiñal o bastón de mando podería ser de novo para Xosé Lois Piñeiro de Nós Pobra, pero non hai nada pechado porque o PSOE e o BNG deberán apoiar a candidatura ou absterse. Aldolfo Muíños do BNG seguiría gobernando en Rianxo con minoría, apoiado polos socialistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí