BOIRO> Organizado pola Escola de Fútbol Municipal en colaboración co Concello chega unha nova edición, e xa van quince, do Torneo de Fútbol Base-Abanqueiro SD.
A cita, xa consolidada como un dos torneos de maior prestixio dos que se celebran na zona, desenvolverase nas dúas vindeiras fins de semana.
Os días 8, 9, 15 e 16 de xuño no Campo Municipal de Vista Alegre.
A primeira fin de semana para categorías biberón e prebenxamín e a segunda para benxamín e alevín.
Serán en total 120 equipos pertencentes a uns sesenta clubs de toda Galicia, incluíndo as mellores canteiras das catro provincias.
Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de torneos.
Dende a organización quixeron agradecer a colaboración do Concello, así como das distintas empresas e casas comerciais que coa súa axuda fan posible este torneo.











