Máis de 1.500 persoas percorren as rúas en recordo de Sonia Iglesias

    manifestacionsonia copia100.jpgPONTEVEDRA> Despois dun ano da súa desaparición, a familia pide ós responsables compaixón e lles permitan atopar o corpo da muller.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_SONIA_25AGOSTO2011.flv{/flowplayer}

    Baixo o lema “Un ano…”, preto de 1.500 veciños de Pontevedra volvéronse volcar coa familia de Sonia Iglesias, a pontevedresa desaparecida o 18 de agosto do ano pasado en pleno centro da cidade.

    Cartaces e fotos de Sonia repetiron na manifestación de onte. Ademais, os que participaron portaron lazos negros, en sinal de loito. A comitiva percorreu as rúas en silencio, compartindo a dor dunha familia que só pide atopar o corpo da muller.

    Maricarmen Iglesias, irmá de Sonia, tomou a palabra no acto de onte. En nome da familia, pediu compaixón ás persoas que saben o paradoiro do corpo de Sonia. Para eles, o culpable da desaparición da súa irmá é alguén cercano a ela. Sen embargo, a Policía continúa investigando.

    Na lectura do manifesto, a familia agradeceu o apoio de veciños, amigos e das persoas que atenderon á súa convocatoria; un respaldo que, asegurou, é o que lles axuda a seguir adiante despois dun ano sen noticias de Sonia.

    Redacción Salnés