O Vilagarcía sitúase séptimo no Mundial trala primeira xornada

SALNÉS> Arrincou o Mundial de Platú 25. O Vilagarcía, patroneado por Bernardo Paz, foi moi regular durante a primeira xornada, o que lle valeu para situarse na séptima posición da xeral.

Onte deu comezo no Lago Traunsee, en Austria, o Campionato do Mundo de Platú 25 no que participan 51 barcos representando a nove países diferentes. Entre eles está o Vilagarcía, patroneado nesta ocasión por Bernardo Paz, que despois das primieras tres mangas disputadas colócase na séptima posición da xeral.

Na primeira regata do día entraron undécimos e nas dúas seguintes, na décima posición, completando así unha máis que meritoria xornada que os coloca moi preto dos mellores con 31 puntos, a tan só oito do segundo clasificado. Máis lonxe está o líder, o EUZ 2, do italiano Sandro Montefusco, que suma 10 puntos e destácase sobre o resto. O mellor español de momento, o Bribón-Movistar, terceiro con 24 puntos.

Hoxe dispútanse outras tres mangas puntuables nas que o Vilagarcía tentará dar un salto na clasificación para achegarse ás prazas de podium.

Redacción Salnés