As Torres lévase o triunfo na Copa Galega de Ríos

piraguismo250_060410.jpgSANXENXO> Portonovo acolleu esta pasada fin de semana a primeira proba da XV Copa Galega de Ríos e Travesías. Na competición déronse cta 32 clubes de toda Galicia entre os que destacou As Torres de Catoira, que levouse o triunfo por equipos.

Cumpríronse os pronósticos que o daban por favorito e As Torres de Catoira impúxose na primeira proba da Copa Galega de Ríos e Travesías, disputada en Portonovo. Por detrás deles, o Illa de Arousa foi segundo, e Rodeira de Cangas completou o podium, mentres que o Breogán do Grove foi sexto e o club anfitrión, o Cofradía de Pescadores, rematou oitavo.

No apartado individual, As Torres levouse a victoria en C-2 senior con Ismael Pesado e Miguel Salgado, colocando terceiros e Rubén Paz e Fernando Busto. No medio deles, os da Illa de Arousa, Carlos Agra e Juan Ramón Bayón.

No K-2 senior, o Cofradía de Pescadores meteu no terceiro posto a Alberto Rodríguez e Joao Ribeiro, mentres que na categoría femenina venceron Raquel Rodríguez e Lidia Martínez, do Cidade de Pontevedra, con dúas embarcacións de As Torres en segundo e terceiro lugar.

Os de Catoira tamén se levaron a victoria parcial no C-2 xuvenil con Brais Martínez e Pablo Cudillero, e foron segundos no cadete con Imanol Pérez e Rubén Gómez, superando a Bryan Fernández e Manuel García, do Breogán.

Precisamente os do Grove tiveron o seu mellor resultado no segundo posto de María Amelia Rojo e Tania Álvarez, en K-2 cadete. En K-2 xuvenil Conde e Acuña de As Torres finalizaron segundas e Bayón e Durán, da Illa, terceiras.

Por parte do Unión Boiro Rianxo, a súa mellor clasificación foi un terceiro lugar no K-2 cadete, acadado por Diego Otero e Samuel Dosil.

O circuito sitouse entre as praias de Silgar e Baltar. A mala climatoloxía deslucíu a regata e a fixo moito máis exixente para os padexeiros.

Redacción Salnés