Os críticos do BNG de Noia esixen a dimisión de Bieito González

escisionbngnoia100.jpgNOIA> O sector crítico xurdido no seo da militancia do BNG de Noia vén de esixir a dimisión do consello local e do seu responsable, Bieito González.

{flowplayer}barbanza/escisionbngnoia.flv{/flowplayer}

Apostan pola abstención en lugar de posibilitar novamente a coalición cunha formación que os expulsou do goberno en dúas ocasións, na que tamén se integraría o partido independente escindido do PP.

Dende o sector discrepante aceptan que a executiva estableza unhas liñas xerais na política de pactos pero abrindo espazo a excepcións puntuais naqueles concellos que, como no caso de Noia, o PSOE incumprise en anteriores mandatos os compromisos co BNG.

Máis democracia

Por este motivo, fan un chamamento a unha maior democracia interna que permita á militancia votar libremente sobre o papel que debe xogar o BNG na conformación do futuro goberno.

Pola súa banda, o responsable local Bieito González, declinou facer declaracións respectando a vontade do partido de non debater as cuestións internas en público. Aínda así, unha vez que a executiva nacional tome unha decisión ó longo desta semana, convocarán unha rolda de prensa para expoñer a súa postura.

Redacción Barbanza