Multitudinario rexeitamento ós cultivos de salmón na ría

manifamuros.jpgMUROS> A mobilización, convocada pola Coordinadora en Defensa das Rías de Muros e Noia,  participaron unhas 800 persoas.

{flowplayer}barbanza/manifamuros.flv{/flowplayer}

A marcha iniciouse ó redor das doce da mañá dende a praza do concello de Muros para percorrer posteriormente as principias rúas da vila. Encabezando a mobilización os patróns maiores, así como organizacións de produtores, sindicatos e grupos ecoloxistas entre os que se atopaban Adega ou Verdegaia. Portando pancartas e berrando consignas en contra da instalación das gaiolas de salmón na ría, os manifestantes, defenderon a pesca tradicional e o marisqueo fronte á acuicultura.

Non ó Plan Acuícola

No manifesto critícase tamén o Plan de Acuicultura da Xunta, reclamase a elaboración urxente dun plan estratéxico contra a contaminación e tamén a ampliación de áreas mariñas protexidas.

Redacción Barbanza