A XI edición do Culturgal aterrará en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro

Pontevedra> Na páxina de cultura cabe salientar que xa está en marcha unha nova edición do Culturgal. Unha cita, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro, que neste 2018 cumpre 11 anos e que chega baixo o lema “Ti marcas o compás”. Dende hoxe e ata o 15 de novembro póñense a disposición dos interesados os expositores que como na anterior edición chegarán aos 140.

A undécima edición do Culturgal xa quenta motores. Dende a organización xa presentaron esta mañá esta cita que se desenvolverá no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra dende o 30 de novembro ao 2 de decembro e que chegará baixo o lema “ Ti marcas o compás”.

Dende hoxe e ata o 15 de novembro está aberto o prazo para a adquisición de stands expositivos durante esta feira cultural. Unha cita que contará con preto de 140 expositores.

Un culturgal que contará con 5 espazo e onde estará moi presente a presenza de Portugal. Dende a Deputación agardan que con esta cita os concellos da provincia programen moita cultura.

Unha edición importante que deixará patente a cultura galega e a súa importancia.

Dende a organización agardan poder contar co éxito doutras edicións e superar as 15 mil visitas, para iso contarán con moitas actividades e espectáculos entre os que se atopa o directo de Carlos Núñez o sábado 1 de decembro.