![]()
O GROVE> O popular Miguel Ángel Pérez volverá á ser o alcalde do Grove na vindeira lexislatura, grazas ó apoio do Partido de Galeguistas do…
{flowplayer}images/salnes/pp_goberno_grove.flv{/flowplayer}
… Grove e de Alternativa Meca, que finalmente, despois de moito pensalo, se decantou por esta opción. A asemblea de afiliados de Alternativa Meca decidiu cun 70% dos votos apoiar á candidatura dos populares por entender que así van a propiciar un goberno máis sólido e estable. Deste xeito, o popular Miguel Ángel Pérez repartirá carteiras con Alfredo Bea e con Aida Filgueira, que apostará fundamentalmente pola defensa da muller grovense.
O acto formal de toma de posesión terá lugar mañá a media mañá no pleno de investidura no que o popular recibirá por terceira vez o bastón de mando da vila meca. A partir de aí toca traballar e Pérez xa ten clara as súas prioridades. Aínda así, os tres membros da coalición saben que gobernarán nun dos peores momentos económicos deste Concello, nos que se verán obrigados a facer máis con menos.
Redacción Salnés








