SANXENXO> A reforma da praza de Méndez Núñez, en Portonovo, está a piques de rematar. O espazo divídese agora en catro plataformas accesibles que permiten salva-lo desnivel. O proxecto, que supera os 100.000 euros, conta co apoio do Plan Hurbe da Xunta.
Esta é a nova imaxe da praza de Méndez Núñez de Portonovo. Esta mañá, os operarios traballaban a pleno rendemento para dar acabado as obras esta semana. O espazo divídese agora en catro plataformas con bancadas e pequenas zonas de xardín e arborado. A reforma consegue facer accesible todo o espazo.
A actuacion tivo un orzamento que supera os 112.000 euros. Foi financiada ao 70% pola Xunta, a través do denominado Plan Hurbe.
A reforma elimina o tráfico no tramo que coincide coa praza. A circulación manterase na Rúa da Marina como prolongación da travesía de Santa Catalina.