Concello e Traballo formarán a 48 desempregados no obradoiro ‘Insértate’

    CAMBADOS > O Concello formará a 48 desempregados maiores de 25 anos no Obradoiro de Emprego ‘Insértate’. A iniciativa vén de ser aprobada pola Consellería de Traballo …

    … e conta cun orzamento de máis 900 mil euros.

    A finais deste mes botará a andar en Cambados o obradoiro de emprego Insértate. O Concello vén de obter a resolución favorable da Consellería de Traballo para por en marcha esta iniciativa, que servirá para executar as 17 obras programadas na sexta edición da Escola Taller A Xuventude, que fora denegada o pasado ano. Terá unha duración dun ano e unha subvención de máis de 900 mil euros para formar a 48 desempregados, maiores de 25 anos. Serán catro módulos cunha ducia de alumnos cada un: construcción para albaneis e canteiros, carpintería, electricidade e fontanería, e medio ambiente.

    O programa de traballo inclúe a adaptación das vellas escolas unitarias da Valada e de Baltar en Castrelo para centros socioculturais, e a renovación do centro socio cultural de Vilariño, que contará tamén cun parque. Ademais, prevese a rehabilitación de sete lavadoiros, dúas fontes, o parque infantil de Tragove e o contorno do colexio Magariños, así como continuar co acondicionamento do monte da Pastora, e axardinar e colocar esculturas na rotonda da Cabana. A mellora da iluminación pública en diversas partes do municipio tamén se inclúe no programa do obradoiro. O último dos proxectos titúlase Cidade Verde, e pretende crear novos espazos e mellorar os xa existentes.

    Redacción Salnés