O Salnés rexistra ata vintecinco focos de lume á mesma hora

    fotoincendioscopia.jpg SALNÉS> Os focos de lume rexistráronse entre Ribadumia, Meis, Vilagarcía e Vilanova. Os equipos de extinción estiveron traballando ata as 9 da mañá.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIOS_NOITE_SALNES.flv{/flowplayer}

    Foi cara ás 3 e media da madrugada cando saltou a alarma na parroquia de András, en Vilanova. En apenas 5 minutos, rexistrábanse 25 incendios máis entre Ribadumia, Meis, Vilagarcía e Vilanova.

    Os maiores focos producíanse en Meis e Ribadumia. O primeiro, próximo á bodega Bouza de Rei, onde ardeu unha hectárea e media de bosque .

    O outro foco producíase preto da piscina de Cabanelas , no que arderon uns 8.000 metros cadrados.

    Ata alí desprazáronse os bombeiros do Salnés, dúas motobombas e voluntarios da protección civil de Sanxenxo.

    O pánico chegou aos veciños cando viron as lapas preto das vivendas, polo que avisaron aos Segundo o xefe da brigada dos bombeiros do Salnés, todos os incendios foron provocados, pero descoñécese o autor ou autores do delito.

    Nesta mañá,dous helicópteros e un avión sobrevoaban as zonas de perigo, para previr que as lapas se reavivaran.

    Polo de agora, todos os incendios están extinguidos e baixo control.

    Redacción Salnés