‘Pincho e Raia’ en Portonovo

SANXENXO>  Pinchos de raia como antesala da festa deste peixe. A ruta gastronómica terá lugar do 20 de abril ó 5 de maio e participarán 10 locais hostaleiros de Portonovo. A festa será os días 4 e 5.

“Pincho e Raia”, o certame gastronómico celebra en Portonovo do 20 de abril ó 5 de maio a súa terceira edición. A ruta é a antesala da festa da Raia que terá lugar os días 4 e 5.

Nesta edición participarán 10 locais hostaleiros, dous menos ca na edición pasada. Suso Sueiro considera que é unha cantidade importante para unha zona como Portonovo.

Os hostaleiros que participan neste certame esperan unha boa acollida do público. Afirman que fan un gran esforzo por participar nun programa que é beneficioso para todos. Os pinchos ofrécennos a raia dunha forma única e innovadora.

As elaboracións custan dous euros, aparte da bebida. Todos os que proben as tapas de 5 dos establecementos da ruta entrarán no sorteo de dúas noite no hotel Faro Isla Pancha en Ribadeo.