O BNG de Noia apoiará a investidura de García Guerrero

apoiobngguerrero_100.jpgNOIA> Bieito González acusou o sector crítico da formación de planificar unha estratexia para facilitarlle a alcaldía ó popular Antonio Pérez Insúa.

O BNG de Noia apoiará a investidura como alcalde do candidato do partido socialista, Rafael García Guerrero no pleno que se celebrará mañá no municipio. Así, o anunciou o seu voceiro, Bieito González que acusou o sector crítico da formación de planificar unha estratexia que tiña como obxectivo facilitarlle a alcaldía ó candidato do partido popular, Antonio Pérez Insúa.

{flowplayer}barbanza/apoiobngguerrero.flv{/flowplayer}

González deu a coñecer os resultados a asemblea da formación na que dezaoito dos militantes decidiron apoiar un goberno de coalición cos socialistas fronte as dezaseis abstencións, quince votos a favor de acordos puntuais e tres papeletas en branco.

Resolución da Executiva Nacional

González asegurou que a formación limitouse a cumprir unha resolución da executiva nacional do BNG que avogaba por chegar a acordos para impedir a investidura de alcaldes do Partido Popular. Por iso falou de traizón cando se referiu ó grupo dos críticos que dixo o único que buscaban era a perversión do sistema democrático co reparto discrecional de fondos públicos.

Asemade indicou que o BNG non renunciará ó seu programa electoral. Anunciou que conseguirán un compromiso dos socialistas para modificar o proxecto do esteiro e favorecer un porto en Noia. Dende o PSOE tamén negociarán co Ministerio de Medio Ambiente unha solución para a problemática dos lodos.

Tras a investidura teñen previsto iniciar un proceso de negociación para a conformación do goberno local.

Redacción Barbanza