A policia local pobresa recupera as gardas nocturnas

    novosauxiliarespoliciapobra_100.jpgA POBRA> O cadro de persoal da policía local reforzarase nos meses de verán coa incorporación de seis novos auxiliares.

    Os seis auxiliares chegaron ó salón de plenos da casa do concello da Pobra ataviados cos novos uniformes e acompañados do xefe da policía local, Ramón Valiño. Durante os tres vindeiros meses iniciarán ó período de prácticas que os preparará para exercer a súa profesión. Ademais, a incorporación ó cadro de persoal da policía da Pobra servirá para reforzar o servizo, minguado polas baixas e polas vacacións dos axentes. A chegada dos auxiliares permitirá, sinalou Ramón Valiño, retomar as gardas de vinte e catro horas durante os sete días da semana.

    {flowplayer}barbanza/novosauxiliarespoliciapobra.flv{/flowplayer}

    Tanto o rexedor pobrés Isaac Maceiras como o primeiro tenente de alcalde, Manuel Fontao deron á benvida ós novos axentes. Dende hai dúas semanas, catro deles xa desenvolven o seu traballo no municipio, e nestes días incorporáronse os dous últimos auxiliares. Os meses de verán, lembrou Maceiras, adoitan ser complicados polo incremento da poboación e polos numerosos festexos locais que se celebran durante as fins de semana.

    Deste xeito, a chegada destes axentes resulta imprescindible para seguir ofrecendo un correcto e eficaz servizo ós cidadáns. Tras a incorporación dos novos auxiliares, o cadro de persoal da policía local na Pobra quedará conformado por dezanove axentes.

    Redacción Barbanza