O helicóptero Pesca I rescata a un turista accidentado nas piscinas do río Pedras

    POBRA > Un veciño de Madrid, Jesús Manuel Ruíz Casal, de 35 anos, resultou ferido leve, con posible rotura de nocello, nun accidente que se produciu cando percorría a zona das piscinas naturais do río Pedras na Pobra do Caramiñal. Debido á localización, en plena Serra do Barbanza, foi necesaria a presenza do helicóptero Pesca I que se encargou de evacuar ó accidentado.

    helicoptero_200_180806.jpgAs dificultades de acceso ó lugar para efectua-lo rescate fixeron necesaria a presenza na zona do helicópetro Pesca I, que trasladou ó accidentado ata o peirao da Pobra.

    Ata o lugar do suceso achegáronse ademais dos voluntarios de Protección Civil e da Policía Local da Pobra, unha dotación do Parque de Bombeiros de Ribeira e unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ó accidentado dende o peirao pobrés ata o Hospital Comarcal do Barbanza.

    Redacción Barbanza